Iván Reymóndez-Femández Universidad de Ljubljana O PROCESO DE NORMATIVIZACIÓN DA LINGUA GALEGA A historia da lingua galega ven determinada en tódolos seus aspectos polos seguin- tes factores: o seu pasado común co portugués o seu tratamento como dialecto, ben do portugués, ben do castelán os factores sociopolíticos e de política lingüística derivados da súa integración no Estado Español a situación diglósica a falta dunha norma escrita aceptada por todos e o suficientemente difundida É evidente que estes elementos se interrelacionan entre si e conforman un cadro xe- ral bastante problemático, polo menos se o comparamos coa situación da maioría das lin- guas do seu entorno xeográfico. Sen dúbida houbo avances de xigante no que atinxe ó es- tatus político, social e literario do galego, pero existen aínda aspectos que o sitúan nun nivel de desenvolvemento e madurez inferior ó doutras linguas. Isto pode explicar, por exemplo, o escaso coñecemento que hai da súa mera existencia en Europa, mesmo no ámbito de estudios de lingüística e filoloxía, que moitas veces non o recollen nin tan se- quera nos mapas das linguas europeas, dos que nunca faltan nin o catalán nin o basco. · Tamén é certo que non toda a culpa é dos lingüístas de fóra; tamén desde dentro, algúns non ven con malos ollos que o galego apareza recollido como variante do portugués. A escrita, tanto a producción como a norma, é un dos aspectos máis problemáticos pero tamén no que máis se progresou. E, de non estar tan contaminada por factores de tipo ideolóxico, seguramente se acadarían máis metas e se solucionarían conflictos que resul- tan alleos á maior parte das linguas. Previamente é preciso presentar e aclarar dous conceptos: o de normalización e o de normativización. Santamarina (en Monteagudo 1995: 125) explica a diferencia entre ám- bolos dous conceptos ó defini-lo primeiro como "extensión social da lingua" e o segun- do como a "escolla e formulación da norma", ou, o que é o mesmo, entendemos como normalización o proceso conducente ó emprego dunha lingua en tódolos ámbitos da vida e actividades dun pobo. Normativización é a elaboración dun modelo de regras grama- ticais e ortográficas e dun corpus léxico estable recollido en gramáticas e diccionarios respectivamente, que serve de referencia ós falantes dunha lingua especialmente no mo- mento en que a desexan plasmar por escrito. Aínda que podemos dicir que o estado dun e doutro proceso é independente, pois pódese pensar en linguas que teñan unha norma es- table e non teñan un uso normalizado, e, se ben máis difícil, viceversa, a precariedade do proceso de normalización da lingua galega ten o seu reflexo na inestabilidade e o coñece- mento insuficiente da norma oficial. Veremos que esta situación ten a súa explicación ou parte da súa explicación na loita de enfoques lingüísticos determinados por posturas ideolóxicas varias. 79 A existencia dunha producción literaria en lingua galega medieval non se coñeceu ata o século XIX. Ata ese momento, a xente que comenzou a escribir en galego fíxoo des- de unha postura bastante difícil e con certa idea de inferioridade. Os escritores do cha- mado Rexurdimento querían, desde unha postura reivindicativa, facer fronte ó xigante lingüístico do castelán, que tiña como unha das mostras do seu "poder" a riquísima tra- dición literaria, da que o galego, por aquel entón e por descoñecemento, carecía. Era pois o labor tras os montes) representación gráfica da apertura das vocais (oso / óso) representación de fonemas como !JI ou /Jlf emprego do v/b (avogado, fronte o castelán abogado) e do h (harmonía) representación ou non do fenómeno da gheada e o seseo polimorfismo (concurrencia de lat. iuvenis), gente(> lat. gens) e dixen (> lat. dixi). Mentres que os non etimoloxis- tas, que coinciden prácticamente coa corrente foneticista, propoñen o emprego de x en tódolos casos nos que se teña que representa-lo fonema !JI. Nos primeiros anos do século XX aparecen, sempre neste contexto dunha maior con- cienciación e proceso reivindicativo do galego, as Irmandades da Pala. Fíxanse como me- ta a defensa de Galicia e do seu idioma propio. Ás Irmandades pertencen personalidades tan importantes como Cabanillas e Vilar Ponte. Dentro